![]() Ver imagen grande |
Xil Ríos - Son da alma |
||||||||
| ( Xil Rios ) |
|||||||||
|
Precio:
7,99 € (21 % I.V.A. Incluído)
|
|||||||||
| Solicitar información | |||||||||
O vixésimo sétimo traballo discográfico de Xil Ríos chega baixo o título de “Son da Alma”. Un disco ideado para aportarnos ós galegos un punto de ledicia nestes tempos de tristura que atravesamos.
Este é un traballo que o artista tivo sempre en mente, dende neno, cando se sentaba no palco diante das orquestras e alucinaba con eses ritmos caribeños novos en Galicia.
Con unha instrumentación sinxela Xil Ríos e o productor do traballo, Segundo Grandío, conseguen sacar un disco realmente potente, coa forza dos sons cubanos e toda a retranca e picaresca galegas nas letras. Este disco cumple co desexo do cantante de facer un cambio na súa música, algo que lle enchese, distinto, máis acústico e natural. Representa o son que levou dentro dende ben cativo, o son da súa alma, das nosas músicas e da nosa terra galega.
Poderedes comprobar esa evolución no traballo de Xil Ríos e desfrutar e bailar como nunca a partires do vindeiro xoves 6 de abril nas tendas de discos de toda Galicia.
|
|||||||||
Opiniones de los usuarios:No hay opiniones para este producto.Por favor, registrese para escribir una opinión. |
|||||||||