Os Carunchos

Información de artistas

 Os Carunchos



Correo electrónico:  oscarunchos@gmail.com

http://oscarunchos.blogspot.com

Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira testa chea de forza e diversión. No ano 1998 gravamos o noso primeiro CD que leva por nome ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. Neste traballo facemos un resumen dos nosos primeiros catro anos de vida gravando nel cantigas e melodías de nova composición, mesturados e os máis antigos romances ou pezas populares. Pasan catro anos e no 2002 gravamos o noso segundo traballo chamado Sen tempo non era, editado por Zouma Records. Incluímos novos instrumentos no son do grupo, como o óboe, a frauta traveseira e maila requinta, e seguimos a empregar letras de autor e compoñendo algunhas das nosas melodías. Desta maneira chegamos ó 2005, e pasado o décimo aniversario, celebrámolo gravando o terceiro disco Montealegre, no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.